O Aforcado de San Xoán

Un dos xogos máis populares da nósa infancia foi (e será) o aforcado de san xoán, que consiste en adiviñar unha palabra agochada, da que só se sabe o número de letras decindo as mesmas. Por cada letra errada o aforcado irá collendo forma e hai que adiviñar a palabra antes de que o meco estexa completo.

Esta é tamén unha forma amena de practicar vocabulario c@s amig@s, e se non temos á man lapis e papel, a Rede ofrécenos múltiples posibilidades.

En galego temos O Aforcado de San Xoán, no que temos 5 intentos antes de que o aforcado saia queimado.

A páxina Le Jeu du Pendu (francés) ten unha gran cantidade de xogos deste tipo clasificados por temas.

Hangman Game é a versión inglesa da páxina anterior.

O Ahorcado de Hillbilly (castelán) é unha páxina da Junta de Castilla y León na que temos un formato parecido. Hai que adiviñar nomes de películas (dan pistas) para que Hillbilly poida comer a súa torta. Se fallamos unha letra engádense ingredientes pouco agradables á mesma.

Podemos practicar outras linguas no xogo do aforcado de eurocosm.com, que nos permite xogar con Inglés, Francés, Alemán, Español e Italiano.

Pois agora só queda: XOG_R!
=)

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s